Logo de la Confraría da Madalena

CRONOLOXÍA DO MILLADOIRO

858 – Ordoño II confírmalle ao bispo Ataúlfo as tres millas concedidas por Afonso II ao “Locus Sanctus” e amplíaas a seis. O Milladoiro queda dentro do couto xurisdicional da igrexa compostela.

1102 – Encontro do arcebispo Xelmírez, e as reliquias dos santos recollidas en Braga nas igrexas dependentes de Compostela, cos clérigos catedralicios e a veciñanza compostelá no Milladoiro. Esta é a primeira referencia escrita na que se cita o nome do Milladoiro, “ad locum, qui Humiliatorium dicitur”.

1325 – Primeira peregrinación a Compostela da raíña santa Isabel de Portugal. Descríbese o seu paso polo Milladoiro e como a partir de aquí fai o resto do camiño a pé.

1466 – Schaschek narra a Viaxe do nobre bohemio León de Rosmithal. Do derradeiro tramo do camiño conta que Padrón está a catro millas de Compostela e a unha milla da cidade descansan nun avesedo e beben auga dunha fonte que, de acordo coa crenza popular, libra durante un ano das quenturas por estar baixo a protección do divino
Santiago.

1539 – Foro do “administrador do ospital antiguo” a Álvaro do Souto e á súa dona Antonia do Souto do casal do Milladoiro coa ermida sita nel pola renda de dezaoito reais de prata e un cabrito posto en Santiago por San Miguel. O foro ten a obriga de facer dicir unha misa coas vésperas no día da santa, pagar os presbíteros coas esmolas, manter en pé a ermida e reedificar as casas que están enriba dela.

1539 – Copia auténtica do foro feito polo administrador do hospital antigo a Alvaro do Souto e á súa dona Antonia do Souto do casal e herdades de Omilladoyro coa ermida sita nel de dezaoito reais de prata e un cabrito e unha lutuosa cunha nominación de voz foral feita en Xoán do Souto.

1540 – Obriga de dicir unha misa na Madalegna.

1555 – 26 de agosto. Pedro de Prol detalla as propiedades da Universidade no Milladoiro, o estado no que se atopan e os lindes destas. Entre 35 propiedades cítase a “hermita de la Madalegna sita en dicho umilladero”. O documento comeza “Hermita del umilladero del padrón ospital”.

1588 – 6 de agosto. Constitucións da Universidade de Santiago. Sinalan como facenda da Universidade os beneficios do Hospital vello e declaran día festivo no calendario lectivo o 22 de xullo.

1592 – Visita do lugar de Milladoyro e ermida da Madalegna con todas as súas herdades, propio da Univda polo colexio de San Xerome.

1595 – Presentación de Xoán de Souto, neto de Álvaro do Souto, en primeira voz do lugar e ermida de mylladoyro polo que se paga dezaoito reais de prata, un cabrito e dúas galiñas.

1598 – ”…ay una hermita q esta aneja al ospital y tiene de renta una carga de pan por mitad”. ‘

1607 – ”…hay una hermita de la Magdalena questa anexa al ospital. Tiene una renta de una carga de pan de renta por mitad”.

1694 – Dilixencía coa obriga de celebrar as misas na capela da Madalena no día da santa.

1696 – Foro do lugar da Magdalena e a súa ermida no lugar de Amilladoyro ao capitán Feliciano González e outros pola Vida de tres reis de España, en sesenta e seis reais de vellón e Vinte e catre reais delutuosa ao finamento de cada rei, pagamentos á renda do colexio de San Xerome.

XVII O valor do foro da Madalena e os seus bens pagos ao colexio de San Xerome é de sesenta e seis reais de vellón e unha lutuosa.

1724 – Capela de Sta. María Madalena, unha misa cantada e Vésperas, non ten capelán.

1748 – 26 de xuño. Visita pastoral á parroquia de Biduído do arcebispo de Santiago Gil Taboada. Da ermida da Madalegna sinala que está no Milladoiro, que pertence á Universidade, que no día da santa concorren nela as procesións da redonda e hai unha misa cantada e vésperas que pagan, dunha banda, os colonos e doutra, a Universidade.

1753 – 10 xaneiro. No inventario da fábrica de Santa María de Biduído cítase a existencia dun muíño no lugar de Seidón que moe durante tres meses no ano con auga dun regato de Vilar.

1800 – O doutor don Lucas Ant° Montero afora unha casa e un agro no Ingar de Seidón, propiedade da fábrica de Biduído.

1845 – Pascual Madoz no seu Diccionario geográfïco sinala: “Viduido (Sta.María de):….Comprende os lugares de…, Milladoiro,… e ten unha ermida (Sta María Magdalena)…”.

1854 -Francisco Antonio Nuevo e Francisco Ríos Rey solicitan infrutuosamente que se poida oficiar misa na capela da Madalena nos días festivos.

1863 – 28 de maio. Francisco Iglesias Brea escríbelle ao arcebispo de Santiago, cardeal García Cuesta, e pídelle que nun dos paseos que dá ata o Portádego do Milladoiro visite a capela da Madalena para que comprobe o estado desta tras as obras de mellora que nela se realizaron.

1863 – 28 de xullo. O arcebispo de Santiago restablece o antigo costume da procesión e trasládaa ao primeiro domingo de agosto.

1863 -23 de outubro. Os empregados do Portádego do Milladoiro, os veciños de Seidón-Milladoiro (da parroquia de Santa María de Biduído), Vilar e Calo-vila (de San Xoán de Calo) e Porto (de Santa María de Conxo), solicítanlle ao arcebispo de Santiago, cardeal García Cuesta, permiso para oficiar misa na capela da Madalena.

1863 – 24 de decembro. Resposta do arcebispado á demanda dos veciños concedendo que na capela se celebre a misa sempre que se cumpran unha serie de condicións que se detallan na resposta.

1864 – 24 de agosto. José Iglesias pídelle ao Exmo. Sr. Cardeal que socorra a capela da Madalena por carecer de retablo e ornatos. Con data 30 de agosto e na mesma carta recibe resposta e asina conforme recibe unha serie de efectos para a capela.

1875 – 29 de marzo. Sae á venda a casa co seu enxoval pertencente aoPortádego do Milladoiro. Sinálase a situación da casa no quilómetro sesenta e catro da estrada de segunda orde A Coruña-Pontevedra. Especifícase que pertencen á casa os muros da estrada onde se suxeita a cadea. Eses muros son as columnas que están hoxe na praza diante da capela da Madalena.

1875 – 16 de setembro. O cura ecónomo e os fregueses da parroquia de Santa María de Biduído diríxense ao arcebispo de Santiago para queinterceda ante o gobernador civil da provincia para que se anule a venda duns terreos que segundo eles lle pertencen á capela e non ao concello. Os terreos forman parte do adro, en cuxo estremo está ocruceiro por onde dá a volta a procesión o día da festa, o primeiro domingo de agosto en virtude da translación autorizada polo seu predecesor. Os fregueses e mais o crego lémbranlle ao arcebispo que a capela foi propiedade da Universidade literaria de Santiago e que nela dende hai moito tempo se celebra unha misa os días festivos.

1876 – Ramón Álvarez de la Braña na súa Guía del viajero de Santiago cita O Milladoiro como un dos límites da Cidade compostelá polo sur: ”…el Círculo que cierran por S. las alturas de Montouto, Conjo y Humilladero”.

1894 – 26 de novembro. Petición de ornamentos e adornos para a capela.

1920 – Aubrey RG. Bell describe no seu libro Galicia vista por un inglés O Milladoiro como “unha aldea pracenteira entre milleiras e prados a unha legua de Santiago”.

1930 – Nos primeiros anos da década chega ao Milladoiro a luz eléctrica e asfáltase por primeira vez a estrada de A Coruña-Vigo.

1931 – Na actual rúa da Madalena constrúese a primeira casa.

1934 – Primeira escola no Milladoiro. Sitúase no baixo da casa de Mallo (rúa da Madalena 15) nos cursos 1934-35 e 1935-36. O mestre é don José Calvo Balado.

1934 – O mestre don José Calvo Balado leva aos rapaces da escola do Milladoiro de excursión a Santa Tegra.

1935 – O mestre don José Calvo Balado organiza o equipo de fútbol Club Breogán Milladoiro.

1935 – Constrúese no Milladoiro a primeira casa de cemento armado, a casa de Gamallo.

1936 – Xullo. O mestre don José Calvo Balado leva de excursión aos rapaces da escola do Milladoiro a Ferrol. Visitan un buque de guerra.

1956 -Setembro.A escola trasládase ao carón da casa de Fallas (rúa da Madalena 13). Durante a Guerra Civil a mestra é dona Pura Bardán Barreras.

1958 – 5 de agosto. Na procesión do domingo da Madalena o portaestandarte é o médico santiagués don José Luis Maceira. As festas amenizaas unha orquestra e unha banda de música.

1958 – 3 de agosto. No solemne rosario do domingo porta o estandarte don Alejandro Bermúdez Coira, concelleiro do concello de Santiago, acompañado dos tamén concelleiros Sres. Castromán e Toubes. Asiste o alcalde de Compostela Sr. Porto Anido.

1960 – Don Amadeo Segade García é alcalde de barrio nos primeiros anos dos 60.

1961 – 6 de agosto. Na procesión do domingo leva o estandarte o avogado don Clemente González Peón. A orquestra Hispania ameniza o festexo popular.

1962 – 5 de agosto. No rosario do domingo é portaestandarte o industrial don Braulio Martínez Castromil.

1969 – 1 de decembro. Os veciños da aldea do Milladoiro acordan conducir a auga ata as súas casas e industrias por Vía subterránea. A auga tómase das fontes doadas polos seus donos e usuarios sen afán de lucro e que se coñecen polos nomes do Reiro, Santa María Madalena, Fonte do Lavadero e Fonte de Cartas. Constitúen unha comisión de cinco veciños para resolver os problemas que se presenten con relación a traída da auga. Os traballos realízanos os mesmos veciños e un documento recolle as obrigas e dereitos que levan consigo os traballos da traída e o servizo da auga.

1970 – A poboación censada no Milladoiro é de 239 veciños.

1970 – Iluminación pública.

1973 – No primeiro trimestre do ano instálase o primeiro teléfono no Milladoiro.

1973 – No tomo 21 da Gran Enciclopedia Gallega, O Milladoiro ten unha entrada.

1973 – Banco de Crédito e Inversiones, hoxe Banco Gallego, abre a primeira
oficina bancaria no Milladoiro.

1975 – Setembro. Abre as portas a farmacia.

1978 – Febreiro. Constitúese a Asociación de Veciños A Madalena.

1981 – A poboación censada no Milladoiro é de 596 veciños.

1984 – Agosto. Os amigos dos pazos nunha peregrinación a Compostela fan noite no Milladoiro.

1988 – Setembro. Constitúese a Asociación Cultural A Madalena.

1988 – Caixa Galicia é a primeira caixa de aforros en abrir unha oficina no Milladoiro.

1991 – A poboación censada no Milladoiro é de 1359 persoas.

1992 – Novembro. Inaugúrase o centro de saúde.

1993 – 5 de xaneiro. A asociación veciñal A Madalena organiza a primeira Cabalgata de Reis que percorre O Milladoiro.

1993 – Amigos del Camino Portugés de Pontevedra na súa peregrinación a Compostela fan unha parada na capela da Madalena.

1995 – 2 de febreiro. Constitúese a Asociación de veciños do Milladoiro “A Curuxa”.

1995 – PriInavera. Abre as súas portas a oficina municipal.

1996 – A poboación de dereito do lugar do Milladoiro é de 3.251 veciños.

1996 – Setembro. Inaugúrase a oficina de Correos.

1998 – Xuño. Inaugúrase a piscina municipal.

1998 – 2 de agosto. No rosario da Madalena leva o estandarte don Julio Moreira Doval; acompañano os seus fillos David e María Soledad.

1998 – 28 de novembre. Inaugúrase a biblioteca e o pavillón municipais do Milladoiro.

1999 – 1 de agosto. Porta o estandarte no rosario da Madalena don Donato Pallas Picón; aconpañanno nas cintas os seus fillos José Manuel e Donato.

2000 – Xaneiro. Decreto do Arcebispado de Santiago de Compostela polo que O Milladoiro se segrega da parroquia de Biduído constituíndo a Zona Autónoma Pastoral de O Milladoiro.

2000 – 10 de maio.Constitúese a sociedade deportiva Milladoiro SD.

2000 – A 31 de decembro no Milladoiro están censados 5.802 veciños.

2001 – Restauración da capela da Madalena.

2001 – S de novembre. Constitúese o Club de patinaxe Arreguizo.

2002 – Maio. Instálase no Milladoiro Cáritas Diocesana

2002 – 7 de outubro. Constitúese a Confraría da Madalena.

2003 – O Diccionario Enciclopédico Galego Universal en referencia ao Camiño portugués sinala que ”…en Milladoiro sitúase o fito onde os Peregrinos divisan por primeira vez as torres da catedral Compostela”.

2003 – 18 de febreiro. Constitúese a Asociación de Empresarios,Comerciantes e Profesionais do Milladoiro, AEMi.

2003 – Abril. Centro socio-cultural do Milladoiro.

2003 – 3 de agosto. Na procesión é portaestandarte don Manuel Saavedra Iglesias.

2003 – 23 de outubro. Constitúese a Asociación de pais e nais “Gardería do Milladoiro”.

2003 – 4 de novembre. Constitúese a asociación de voluntariado “Naif”.

2003 – 15 de decembro. Abre as súas portas a gardería municipal do Milladoiro.

2004 – 30 de marzo. Constitúese o Club voleibol “Bruxas”.

2004 – Recuperado o cruceiro realízase a restauración da peza. O 22 dexullo, festividade de Sta. María Madalena, colócase na súa actual ubicación.

2004 – 1 de agosto. No rosario leva o estandarte don Antonio Maroño Sánchez.

2004 – Outubro. Constitúese unha plataforma veciñal para demandar un instituto para O Milladoiro e para ampliar a oferta pública de prazas en Educación Infantil e Educación Primaria.

2004 – Programación cultural de inverno do concello. Preséntase na biblioteca municipal o conto de Os Bolechas, Unha vaca da Amaia. A capela da Madalena é unha das ilustración utilizadas no conto.

2005 – 7 de agosto. Don Manuel Couto Anido é o portaestandarte no rosario da Madalena.

2005 – 24 de agosto. Constitúese a Peña Celtista do Milladoiro.

2005 -22 de novembro. A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria e o alcalde de Ames asinan un protocolo no que se compromete a construción dun instituto no Milladoiro que sera operativo en 2007.

2006 – En xaneiro hai 9.000 veciños censados no Milladoiro.

2006 – 31 de xaneiro. Péchase a recollida de datos para este libro.