Convivencia de jóvenes en Semana Santa

“O luns e martes santos un grupo de mozos e mozas da confirmación desprazámonos a zona de Mesía – Sobrado para pasar unhas xornadas de convivencia. O luns santo achegámonos ao lugar da Raíña para compartir unha xornada co cura responsable da Asociación Raíña, sita no concello de Mesía, na parroquia de Cabrui (http://www.alfayomega.es/126285/volver-a-la-fe, neste enlace de Alfa y omega tendes toda a información). Visitamos tamén a Escola ecolóxica que a Asociación ten no concello de Vilasantar, onde tamén fixemos a nosa achega plantando cebolo, tomates e outras plantas desta época.

De alí fomos a Sobrado dos Monxes para pasar unha xeira cos monxes (rezamos con eles, xantamos e durmimos na hospedaría e coñecemos o pobo de Sobrado).

Cansados, con sono pero contentos ca experiencia regresamos as nosas casas o martes a tardiña.

Con ganas de repetir… preparámonos para as actividades da Semana Santa da Unidade Pastoral”.

Deja un comentario

Your email address will not be published.