Peregrinación a Fátima 6-7 de octubre

Peregrinación a Fátima 6-7 de octubre

Na fin de semana do 6 e 7 de outubro un grupo de 50 persoas da nosa Unidade Pastoral peregrinamos a Fátima. Fixemos o exercicio do Via Crucis, rezamos o rosario e participamos na procesión das candeas da noite do sábado. Xa no domingo fomos a misa e tivemos tempo libre para, quen quixo, participar no rosario, na misa internacional, visitar museos, tomar unha cervexa, mercar recordos e xantar en Fátima. Chegamos de noite, cansos, pero contentos ca experiencia de fe alí vivida e ca confraternización cos veciños.

No Comments

Post A Comment