Confraría da Madalena 2016-11-24T10:30:32+00:00

Logo de la Confraría da Madalena

INTRODUCCIÓN

A confraría da Madalena constitúese en outubro de 2002. Somos unha asociación relixiosa que centra a súa actividade entorno a festividade de santa María Madalena promovendo e profundizando no espíritu relixioso para alcanzar un maior compromiso cristián. Estas actividades desenvólvense principalmemte nos meses de xullo e agosto.

Mantemos a misa do 22 de xullo, día da santa; obriga sinalada na carta fundacional da capela e da que atopamos testimiña escrita dende 1539.

Durante os nove días anteriores ao primeiro domingo de agosto oficíase unha solemne novena á Madalena. A confraría adica dun xeito especial un día para pedir polas vocacións relixiosas e sacerdotais. Os tres derradeiros días da novena aplícanse polos cofrades falecidos.

O primeiro domingo de agosto organizamos o rosario, costume que se remonta a lo menos ao ano 1747. É en 1863 cando o arcebispo de Compostela, cardeal García Cuesta, tralada a procesión do 22 de xullo o primeiro domingo de agosto.

A confraría da Madalena non quere ser allea a calquera actividade que enriqueza o noso patrimonio cultural sen esquencer dúas pautas fundamentais: somos unha asociación relixiosa e estamos no humilladoiro do camiño portugués; o primeiro lugar dende onde peregrinos divisabann as torres da catedral e circuntancia á que se debe o nome da nosa aldea primeiro, e da actual vila agora.

Consecuencia desta sensibilidade é a recuperación do cruceiro da Madalena.Un arduo traballo que comenza coa búsqueda do mesmo. Unha vez encontrado o lugar onde está depositado e recuperada a peza; ante o lamentabel estado no que se atopa, o seguinte paso e a súa restauración. Posteriormente procédese a colocación do mesmo na súa ubicación actual, evento que se remata coa bendición do cruceiro nun solemne acto o 22 de xullo de 2004   no que nos acompaña a corporación municipal e a veciñanza.

Neste ano presentamos este libro. Un exercicio de recuperación da nosa historia a través dos documentos depositados en diferentes arquivos históricos que os veciños complementan e ilustran cos seus recordos.

O noso proxecto de futuro é , por unha banda, seguir profundizando na nosa fe, e por outra banda consolidar en torno aos días da festividade da Madalena, unhas xornadas culturais que enriquezcan a nosa convivencia como cristiáns.

Alberto Gómez Rey

Presidente da Confraría da Madalena.

Portada del libro de la Confraría da Madalena

CONTENIDOS DEL LIBRO

 

GALERÍAS DE FOTOS DE DIVERSAS TEMÁTICAS Y ÉPOCAS (ALGUNAS INCLUÍDAS EN EL LIBRO)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies